Stefan Momirov non continuará no Breogán
Stefan Momirov non continuará no Breogán
Momirov: "Quero agradecer aos meus compañeiros, adestradores, xente do club e, por suposto, aos afeccionados por estas dúas tempadas incribles"
O escolta Stefan Momirov non continuará a tempada 2024-25 no Río Breogán, despois de rexeitar a oferta de renovación que lle presentou a entidade presidida por Carmen Lence.
"Quero agradecer aos meus compañeiros, adestradores, xente do club e, por suposto, aos afeccionados por estas dúas tempadas incribles. Lugo sempre será unha das miñas casas. Espero vernos novamente no futuro”, sinalou o xogador.
Momirov chegou ao Breogán no verán de 2022 procedente do Kolossos Rodou grego. Nestas dúas tempadas, disputou 64 partidos na liga Endesa, nos que promedió 7,6 puntos, 2,7 rebotes e unha asistencia por encontro para unha valoración media de 6,2 créditos.<
Grazas Stefan!
— Río Breogán (@CBBreogan) June 20, 2024
Sorte! @MomirovS https://t.co/WUcqW8bkby pic.twitter.com/XY9gJLlj9O
/p>