Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar atribúe a varios factores "os malos resultados" en Galicia

Sumar atribúe a varios factores "os malos resultados" en Galicia

Citan a falta de tempo, a escasa implantación territorial e que non atoparon aliados noutras forzas de esquerda na súa aposta clara por un tripartito 

G24.gal 20/02/2024 12:35

Sumar fixo unha nova análise dos resultados electorais en Galicia este martes no Congreso. 

A voceira adxunta, Aina Vidal, recoñeceu e agradeceu o traballo da candidata, Marta Lois. Di que foi a mellor candidata posible, cun liderado "honesto e humilde" pero recoñece que os resultados foron "malos" porque non conseguiron o seu obxectivo de botar o PP da Xunta. 

Con todo, di que o proxecto de Sumar é de longo percorrido e reitera que seguirán traballando para implantarse en Galicia. 

Vidal opina que Rueda foi "moi hábil" xogando cos tempos e convocando as eleccións sen darlles marxe de manobra para organizarse, a Sumar e a outros partidos como o PSdeG.

E tamén considera que tanto o PP como o BNG se beneficiaron dunha maior implantación territorial en Galicia.

Recoñecen que non deron transmitido a súa aposta por un goberno tripartito e lamenta que outras forzas políticas non tiveran a mesma "vontade de amplitude".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar