Sumar di que os deputados de Podemos deberían devolver os seus escanos

Apenas unha semana despois de arrancar a lexislatura, a ruptura entre Sumar e Podemos obriga a Pedro Sánchez a negociar cun partido máis para poder sacar adiante iniciativas no Congreso

G24.gal 07/12/2023 14:41

Sumar cre que os cinco deputados de Podemos que pasaron ao Grupo Mixto deberían devolver o seu escano, ao incumprir o acordo de goberno entre as dúas formacións.

Segundo Marta Lois, voceira de Sumar no Congreso, "en coherencia e nunha valoración estritamente política, estamos a falar de abandono".

Ao que responde Isa Serra, voceira de Podemos: "Creo que acusar de transfuguismo é faltar á verdade e é unha acusación moi grave".

Os morados insisten en que foi unha decisión colectiva do partido para seguir tendo voz e así poder meter presión aos socialistas durante a lexislatura.

Segundo Pablo Iglesias, exlíder de Podemos, "se alguén ten que deixar a acta son os que menten e a partir de agora o que hai que facer é cooperar e deixar o rencor e a mala baba".

Para Isa Serra, "moitas veces meterémoslle presión ao Partido Socialista para ir máis lonxe do que os socialistas queren, fixémolo sempre, imos seguir facéndoo".

Pedro Sánchez toma nota porque a partir de agora será un partido máis co que negociar. "Evidentemente teremos que negociar un pouco máis, pero cunha forza progresista como podemos, no Grupo Mixto", comenta o presidente do Goberno.

Un novo escenario que se abre apenas unha semana despois de comezar a lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade