Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar esixe ao Goberno que defenda o ministro Bustinduy das crítica de Israel

Sumar esixe ao Goberno que defenda o ministro Bustinduy das crítica de Israel

O ministro Albares dille que se centre no importante

Exteriores evita confirmar se España recoñecerá o Estado de Palestina o 21 de maio

A embaixada de Israel en España amosa a súa indignación a través dun comunicado

As discrepancias entre os socios de Goberno son cada día máis visibles
G24.gal 09/05/2024 14:07

O ministro de Dereitos Sociais quere arrefriar a polémica co PSOE. A súa carta ás empresas españolas en Israel sentou mal na parte socialista do Goberno. Bustinduy tenta agora centrar o foco e insiste en focar todos os esforzos en que "cese a barbarie" contra o pobo palestino. 

A misiva sentou mal en Israel. A súa embaixada en España acusa o escrito de incitación ao odio e ao ministro de darlle "ás a Hamas". 

En Sumar hai enfado co socio maioritario por non saír a defender publicamente o titular de Dereitos Sociais. O voceiro da formación no Congreso Iñigo Errejón saíu na súa defensa e asegura que o que dixo "é unha verdade coma un templo, que Israel é xenocida". Criticou que o ministro de Sumar recibiu ataques cheos de mentiras por parte de Israel. Sumar, lonxe de rebaixar a tensión, eleva o ton contra o PSOE e ínstao a "defender sen ambaxes a Bustinduy". 

O ministro de Economía Carlos Cuerpo non ve ningún problema coas empresas e confirma que non o chamou "ningunha". Para os empresarios, a carta tampouco ten razón de ser porque "as compañías saben perfectamente como actuar". 

As discrepancias entre os socios do goberno fanse cada día máis visible. Pero os dous están de acordo en recoñecer o Estado de Palestina. 

Colle forza que sexa o próximo 21 de maio conxuntamente con outros países europeos. O ministro Albares evita confirmar a data pero si que a decisión é firme. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade