Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sumar urxe a Facenda a convocar unha reunión urxente para solucionar a crise do SMI

Sumar urxe a Facenda a convocar unha reunión urxente para solucionar a crise do SMI

O PSOE ve "desexable" un acordo pero non contempla tocar os treitos do IRPF

Feijóo promete volver deixar exento de IRPF o salario mínimo

Díaz sostén que hai coalición de goberno "para rato"

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, non contempla que rache o Goberno
G24.gal 13/02/2025 14:25

A ministra de Traballo interpela á responsable de Facenda a que aclare "canto antes" cal vai ser a solución definitiva para a crise do SMI. Yolanda Díaz agarda un paso atrás e avanza que "hai debate", no seo do ministerio. Sumar urxe á vicepresidenta Montero a que convoque urxentemente unha xuntanza con Yolanda Díaz para rematar con estas desavinzas. Os socialistas manteñen o pulso. Di que están dispostos a negociar e que sería "desexable" un acordo, pero descartan tocar os treitos do IRPF.

Yolanda Díaz non asume ningunha responsabilidade na crise por que "fixen o meu traballo, que era subir o salario mínimo" e insiste en que soubo da noticia "media hora antes" da conferencia de prensa do Consello de Ministros. Sostén que non o sabía ela, nin outros "membros do goberno". Desmente así o ministro de Economía, Carlos Cuerpo, que o mércores asegurou que si tiña coñecemento do que ía pasar. Desde o Executivo non tardaron en contestarlle. Foi por boca do titular de Transformación Dixital. Óscar López lémbralle que "non fai falla que ninguén avise a ministra de Traballo, evidentemente, de cales son os treitos do IRPF.  

Malia esta tirapuxa, as dúas formacións descartan rachar a coalición de Goberno. Díaz asegura que "hai Goberno para tempo", e López di que está a funcionar "ben". A lectura é ben diferente desde fóra da Moncloa. Podemos di que o Goberno está "nunha debilidade extrema" e o Partido Popular alerta de que "a agonía é cada día máis patente". Feijóo comprométese a que o SMI deixe de tributar se o pulso o gaña Montero. Tanto o PP coma Podemos fixeron cálculos e conclúen que o IRPF e a inflación comerían toda a suba do salario mínimo.  Os sindicatos tamén meten presión. A UXT acaba de pedir por carta unha reunión urxente coa vicepresidenta Montero para abordar en profundidade esta cuestión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade