Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz acusa o PSOE de falta de sentido común na polémica sobre a tributación do SMI

Yolanda Díaz acusa o PSOE de falta de sentido común na polémica sobre a tributación do SMI

Díaz abre a porta ao diálogo co PSOE, aínda que deixa aberta outra para que o asunto se decida no Congreso

Os socialistas aseguran que falando é como se solucionan as cousas

G24.gal 17/02/2025 14:23

Continúan as discrepancias dentro do Goberno de coalición pola tributación do salario mínimo. Yolanda Díaz abre a porta ao dialogo co PSOE, aínda que deixa aberta outra para que o asunto se decida no Congreso. Os socialistas aseguran que falando é como se solucionan as cousas.

Yolanda Díaz mantén o pulso con Facenda. E se non hai acordo dentro do Goberno, Sumar mantén a súa proposición de lei no Congreso para frear a tributación sobre o salario mínimo. Dende o PSOE asumen as diferenzas e optan polo diálogo. 

A presión ao Goberno chega tamén dende Podemos e cuestionan que Yolanda Díaz se manteña firme ante o PSOE. Pola súa parte, o Partido Popular di que é unha vergoña que teñan que tributar as persoas que cobran o salario mínimo interprofesional. E que cando Núñez Feijóo goberne as rendas máis baixas non tributarán.

Ao Salario Mínimo Interprofesional tamén se refire un informe de Cepyme. Denuncian que a suba dende o 2018 dun 61 por cento do salario mínimo impediu a creación de 350.000 empregos nas pequenas empresas, aquelas que teñen menos de dez empregados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade