Publicador de contidos

Publicador de contidos

O invisible crecemento da presión fiscal, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O invisible crecemento da presión fiscal, por Venancio Salcines

Imaxe dunha oficina da Axencia Tributaria (Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo)
Venancio Salcines 22/04/2025 08:04

Os gobernos de España levan oito anos incrementando, en silencio, a presión fiscal dos traballadores. Son oito anos, dende 2015, nos que nunca se actualizou, pola inflación, o tramo estatal do IRPF. Dado, como indicou FEDEA onte, que a inflación acumulada é dun 26,7 %, a carga acumulada non é menor.

Pero dos datos de FEDEA quizais o que más sorprende é o impacto desigual que tivo para diferentes niveis de renda. De tal xeito que, a maior renda menor impacto. O exemplo utilizado é para dous contribuíntes, un con rendemento bruto do traballo de vinte mil euros e un segundo de trinta mil. O primeiro ten hoxe unha cota de 934 €, co gravame corrixido pola inflación tería que ser de 646 €, é dicir, un 44,4 % mais. O segundo, que ten ingresos de trinta mil, tería unha cota de 2.236 € e, con escala corrixida sería de 1.787 €, un 25 % máis. Se estas dúas familias fosen unha familia e fixesen unha lectura conxunta, verían incrementada a presión fiscal nun 30 %.

Non deixa de ser curioso que nun momento en que tanto se fala de mellorar a calidade de vida da clase traballadora esteamos, un ano si e outro tamén, incrementando, de xeito calado, a presión fiscal da mesma. Toda unha incoherencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade