Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Seguridade Social permitiralle aos xubilados que volvan traballar aumentar a xornada laboral

A Seguridade Social permitiralle aos xubilados que volvan traballar aumentar a xornada laboral

A proposta trata de incentivar a xubilación flexible

Actualmente a xornada parcial oscila actualmente entre o 50 e o 75%

O Goberno reunise con patronal e sindicatos no marco do acordo das pensións alcanzado en xullo de 2024

G24.gal 21/04/2025 21:05

A Seguridade Social expúxolles aos axentes sociais unha proposta para incentivar a xubilación flexible, permitindo aos xubilados que queiran volver traballar aumentar a xornada parcial a realizar, que actualmente oscila entre o 50 % e o 75 %.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións reuniuse este luns coa patronal e os sindicatos para avanzar no desenvolvemento do acordo de pensións alcanzado o 31 de xullo de 2024.

Entre os asuntos abordados están as melloras na xubilación flexible, tal e como explica en declaracións aos medios a secretaria executiva de UXT, Cristina Estévez, co obxectivo de incentivar esta modalidade de xubilación que permite volver traballar a unha persoa que se xubilou e que comezou a percibir unha pensión.

Segundo detalla Estévez, actualmente apenas están acollidas á xubilación flexible unhas 3.000 persoas, o que fai esta modalidade "practicamente inexistente" porque "non é moi atractiva". 

Na mesa deste luns abordáronse tamén outras cuestións como os coeficientes redutores da idade de xubilación, unha vez que o Consello de Estado está apunto de emitir o informe preceptivo, algo que se espera para finais deste mes ou principios de maio

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade