Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz pídelle ao PP que apoie a redución da xornada laboral

Yolanda Díaz pídelle ao PP que apoie a redución da xornada laboral

A vicepresidenta segunda do Goberno tamén pediu aos sindicatos que se mobilicen para defender a redución da xornada laboral

A ministra de Traballo liga a redución da xornada á esperanza e di que non aprobala sería golpear os traballadores

Yolanda Díaz este sábado no acto de Viladecans, Barcelona. Foto: EFE/ Quique García
G24.gal 15/02/2025 17:17

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, defendeu que a "fortaleza" que ten a redución da xornada laboral é que ofrece esperanza nun contexto internacional marcado polo medo e pediu ao PP que non faga "sufrir" os traballadores e que a apoie no Congreso.

Así o sinalou nun acto organizado por Sumar e Comuns en Viladecans, Barcelona, baixo o título Traballar menos, vivir mellor, no que tamén interviñeron, entre outros, o ministro de Cultura e portavoz de Sumar, Ernest Urtasun, e a portavoz de Comuns no Congreso, Aina Vidal.

Díaz dixo que esta reforma ten potencial para cambialo absolutamente todo", pois posúe unha forza inusitada que radica na esperanza que ofrece aos traballadores.

Yolanda Diaz dixo que  Goberno aborda esta cuestión grazas á insistencia de Sumar. Previamente xa fixera referencia á dereita, sobre a que dixo que non se lle gaña só mediante a resistencia e querendo parar as súas políticas, senón conquistando dereitos e xerando esperanza.

Díaz reivindicou o potencial inmenso dunha reforma que non só contempla a redución da xornada, senón tamén o reforzo do control horario para acabar coas horas extra inxustificadas e irregulares, e que as sancións ás empresas por incumprir co horario sexan individualizadas por cada infracción, de modo que xa non saia barato saltar a normativa.

A ministra de Traballo pide aos sindicatos que se mobilicen para defender a redución de xornada laboral a 37 horas e media

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, pediu aos sindicatos que se mobilicen para defender a redución de xornada laboral a 37 horas e media:

"Así é como se derrota á dereita no noso país. Derrótase con dereitos, con esperanza, derrótase con agarimo".

Se vos mobilizades, imos gañar esta batalla, asegurou este sábado na súa intervención en Viladecans.

Díaz augurou un debate intenso sobre a redución da xornada porque, nas súas palabras, ten moitos adversarios, e preguntou ao PP se os seus 137 deputados no Congreso votarán en contra da medida como o fixeron coa reforma laboral, algo que, para a ministra, significaría golpear os traballadores e dar as costas á modernización de España.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade