Cargando resultados...
Tarde de ensaios para a cerimonia dos Mestre Mateo
Tarde de ensaios para a cerimonia dos Mestre Mateo
A TVG vai facer un seguimento especial da entrega dos premios
A canle pública autonómica presenta 54 candidaturas
G24.gal
11/03/2023 13:24
Última actualización 11/03/2023 13:35
Ourense acolle hoxe a gran noite do audiovisual galego, a edición número 21 dos Premios Mestre Mateo.
A serie Rapa e a película O Corpo aberto, parten como favoritas en 19 e 16 categorías respectivamente. A Televisión de Galicia acode a esta edición cun total de 54 candidaturas.
Destacan os espazos Digocho eu, Clac e Catro Gatos, que optan ao galardón ao mellor programa de televisión, ou os presentadores Esther Estévez e Xosé A. Touriñán, que poden levar o premio ao mellor comunicador.
Poderán seguir a gala aquí na Televisión de Galicia, a partir das dez da noite. Estará presentada pola actriz Bárbara Grandío.