Tebas valora "moi positivamente" o momento dos tres equipos galegos na Liga
Tebas valora "moi positivamente" o momento dos tres equipos galegos na Liga
Eloxia os trocos que está a facer Marián Mouriño na estrutura do club, o gran momento do Rácing na Segunda e entende que o Deportivo terá un límite salarial alto polos ingresos audiovisuais
Javier Tebas visitou A Coruña para participar no terceiro congreso de adestradores de fútbol sala organizado pola Federación Galega. O presidente da liga repasou a actualidades dos tres equipos galegos que militarán a vindeira temporada no fútbol profesional.
"Marián está facendo cambios importantes na estrutura do club. Non os podemos valorar pero estase a rodear de xente con moita experiencia no sector".
"Estamos moi ledos co Rácing nunha categoría que custou moito facela pero agora está moi ben".
"O Deportivo ten unha masa social boísima e terá un diñeiro importante grazas ás súas audiencias".