Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tebas manda unha mensaxe aos árbitros: "Hai que escoitar o que se fala no VAR"

Tebas manda unha mensaxe aos árbitros: "Hai que escoitar o que se fala no VAR"

O presidente de La Liga asegurou estar "moi descontento" co nivel que hai entre os colexiados españois

G24.gal 03/10/2023 16:53

O presidente de La Liga, Javier Tebas, entrou a valorar o nivel da arbitraxe en España (dependente da RFEF). "Desde hai anos que non estou ledo, temos que mellorar moito. Dise que temos os mellores árbitros do mundo e descoñezo onde está esa clasificación", comentou Tebas que pediu "tomar decisión e analizar os problemas".

"Temos que empezar pola transparencia, escoitar o que se fala no VAR, poder entrevistar a un árbitro como se fai noutras competicións".

Tebas analizou a decisión da directiva do Sevilla de rachar relacións co Barcelona e non presenciar o último encontro entre os dous equipos desde o palco do Olímpico por causa do caso Negreira. 

"Preocúpame o de Negreira. Todo isto é consecuencia deste caso e fai moito dano aos clubs. Hai algúns presidentes do Barcelona acusados de non explicar a razón pola que facían eses pagamentos e o dano reputacional é a todo o fútbol español, desde o Sevilla ao Alcorcón", asegurou Javier Tebas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade