Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tere Abelleira volve gañar peso nunha selección embalada cara á Eurocopa e os Xogos

Tere Abelleira volve gañar peso nunha selección embalada cara á Eurocopa e os Xogos

O equipo feminino de España logrou o pase para a vindeira Eurocopa grazas a unha remonta ante Dinamarca (3-2)

G24.gal 05/06/2024 20:48

Cun 0-2 no marcador e tras fallar un penalti, España encontrou o xeito de darlle a volta ao encontro ante Dinamarca. Acababa de marcar Thomsen o segundo para as danesas, cando entrou no campo Bruna Vilamala. Facía 22 anos.

Irene Paredes foi quen abriu o marcador para España nun saque de esquina perfectamente executado por Alexia. Era o minuto 74. Tres despois, e de novo nun corner coas mesmas protagonistas, chegou o segundo. E que dicir do terceiro e definitivo, o de Laura García tras un pase exquisito de Tere Abelleira. A centrocampista galega, que seguirá vestindo de branco, non ten teito.

España sela remonta épica, que ten de premio a clasificación para Eurocopa 2025. Pero a selección aínda xogará dous partidos máis en xullo: ante A República Checa o día 12 e ante Bélxica, na Coruña, o día 16. Dúas boas probas antes dos Xogos Olímpicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade