Publicador de contidos
Publicador de contidos

Thiago Alcántara deixa o fútbol castigado polas lesións

Thiago Alcántara deixa o fútbol castigado polas lesións

O xogador, formado nas ringleiras do Ureca de Nigrán, xogou no Barcelona, Bayern e Liverpool

G24.gal 07/07/2024 16:46

Segundo o xornalista Fabrizio Romano o centrocampista Thiago Alcantara retírase do fútbol. Nacido en 1991, o fillo de Mazinho viviu boa parte da súa infancia en Vigo onde atopou un fogar e onde comezou a dar os seus primeiros pasos no mundo do fútbol nas ringleiras do Ureca. 

Alí estivo ata o ano 2005 cando marchou cara a Barcelona a xogar no cadete do cadro catalán. Thiago pasou polas categorías inferiores do Barcelona ata que debutou co primeiro equipo en 2009. Durante catro temporadas estivo nunha época dourada do cadro catalán antes de pasar ao Bayern de Múnic (2013-2020) e ao Liverpool (2020-2024). 

Thiago foi internacional coa selección española en 46 ocasións nas que marcou dous goles. Participou nas eurocopas de 2016 e 2020 e no Mundial de 2018. A nivel de clubs gañouno todo destacando no seu palmarés dúas Ligas de Campións, co Barcelona e o Bayern, 3 ligas co Barcelona ou 7 Bundesligas cando xogaba no Bayern. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade