Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tito Díaz: "Esta é a Copa das sorpresas, o Breogán non está aquí de regalo"

Tito Díaz: "Esta é a Copa das sorpresas, o Breogán non está aquí de regalo"

Granada, un pavillón talismán

G24.gal 31/01/2022 15:11

Tito Díaz falou en Zona mixta sobre o sorteo desa fase final que se xoga en Granada e que emparellou o equipo lugués co Real Madrid.

"Para nós estar na Copa seis meses despois de xogar en LEB é un orgullo. É bo xogar en xoves e ás 21:30 para os afeccionados. Chegados aquí, esta é a Copa das sorpresas, veremos o que pasa".

Paco Olmos, superado

Sobre o xa exadestrador do equipo, Paco Olmos, Tito Díaz foi moi claro, é pasado e Veljko Mršić:

"Isto é unha máquina, cunha engrenaxe, caeu unha peza, pero cambiamos a peza e o Breogán non para. Conseguimos clasificarnos para a Copa xa sen el. Somos unha familia unida cuns roles moi claros. Mršić vaise adaptar moi ben".

Pavillóns cheos

O director deportivo espera un grande ambiente na cancha de Granada, que sempre foi moi significativa para os celestes

"En Cataluña xa hai o 100 % de capacidade nos estadios, a ver se cando se celebre xa hai esa enchente total en Granada daquela. A Copa do Rei é o evento máis importante a nivel de scouting en Europa".

Ademais, engadiu Tito Díaz, o pavillón de Granada é un talismán para o Breogán logo do ascenso alí o pasado ano

O Breo non vai de vítima

Non quere falar de igualdade, pero Tito Díaz di que hai preto dun 50 % de posibilidades de pasar.

"Xa non somos unha sorpresa. Temos un 20 % de posibilidades por estar aquí e por cadro de xogadores case outro 30 %. O Madrid é favorito, pero o Breogán vai competir seguro e os xogadores van dar o máximo. Non estamos aquí de regalo. Que a xente estea en Granada con David diante de Goliat, oxalá".

"Somos un equipo competitivo. Debemos crer en nós mesmos. Veljko Mršić cre que temos marxe de mellora na defensa e controlar o rebote". "O Breogán xa non é unha sorpresa. Foi sorpresa. Temos un xogo consolidado".

O pavillón de Granada, talismán para un Breogán que ascendeu á ACB alí o pasado ano O pavillón de Granada, talismán para un Breogán que ascendeu á ACB alí o pasado ano
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar