Publicador de contidos
Publicador de contidos

Topados 180 cadáveres nunha foxa común en Limán tras a súa liberación

Topados 180 cadáveres nunha foxa común en Limán tras a súa liberación

Entre as vítimas hai familias enteiras e menores nados entre os anos 2019 e 2021

G24.gal 08/10/2022 09:03

As autoridades ucraínas localizaron 180 cadáveres de persoas nunha foxa común na cidade de Limán, na rexión de Donetsk, recentemente liberada das tropas rusas.

Esta información foi revelada polo xefe do Departamento de Policía de Patrulla da Policía Nacional de Ucraína, Yevhen Zhukov, en Telegram, segundo informa a axencia local Ukrinform. 

“A cidade liberada de Limán na rexión de Donetsk. Aquí, descubriuse un sitio de enterro masivo con 180 persoas soterradas no seu interior”, publicou Zhukov.

Segundo o xefe policial, atoparon familias enteiras soterradas na foxa común. Entre as vítimas tamén hai menores nados entre os anos 2019 e 2021. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade