Cargando resultados...
Toponimízate, a campaña para recuperar microtopónimos en risco de desaparecer
Toponimízate, a campaña para recuperar microtopónimos en risco de desaparecer
Entre xuño e novembro, unha nova edición da campaña Toponimízate chegará a 12 concellos
Desde o 2019, a aplicación Galicia Nomeada acumula 3500 contas de usuarios, que achegaron xa máis de 76.000 microtopónimos
G24.gal
08/06/2024 20:07
Galicia ten un rico e abundante patrimonio de microtopónimos, os nomes que empregamos para chamarlles ás leiras, aos penedos, aos regatos ou aos camiños que temos na nosa contorna.
Toponimízate, a campaña impulsada pola Real Academia Galega, busca persoas e entidades que colaboren na recollida deses nomes de lugares que non figuran en mapas nin en letreiros oficiais, senón que perviviron na memoria da xente.
Moitos deles corren o risco de desaparecer.