Victor Freixanes deixa de ser o presidente da RAG e asume o cargo de forma interina a secretaria Margarita Ledo
Victor Freixanes deixa de ser o presidente da RAG e asume o cargo de forma interina a secretaria Margarita Ledo
As candidaturas á presidencia da organización poden presentarse ata 48 horas do pleno extraordinario para a elección, ainda sen data

A etapa de Victor F. Freixanes como presidente da Real Academia Galega (RAG) terminou tras oito anos no cargo. A secretaria Margarita Ledo Andión asumirá a presidencia de forma interina.
O xa expresidente da RAG formalizou a fin do seu mandato ante os membros do Plenario da xunta ordinaria celebrada este venres no pazo de María Pita, segundo informou a academia nun comunicado este sábado.
Así, Ledo será a encargada de poñer en marcha o proceso electoral da nova comisión executiva da Academia nun prazo inferior a tres meses, segundo os estatutos da organización.
As candidaturas á presidencia da RAG deben ser presentadas por tres membros de número da institución, nun prazo que finalizará 48 horas antes á data que se fixe para realizar o pleno extraordinario da elección.