Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfombristas de Ponteareas buscan oco nos dicionarios de galego e castelán

Alfombristas de Ponteareas buscan oco nos dicionarios de galego e castelán

Contan, por exemplo, co apoio do filólogo, catedrático e profesor emérito de Filoloxía da Universidade de Santiago Darío Villanueva

Solicitaron que recollan nos seus dicionarios como acepción do termo "alfombrista" ou "alfombreiro" os artistas que elaboran tapices con flores

O oficio de alfombreiro ou alfombreira que fai tapices de flores existe en Ponteareas desde hai dous séculos
G24.gal 02/03/2025 18:17

Unha campaña da Asociación de Alfombristas de Ponteareas busca que as comisións de neoloxismos, tanto en español como en galego, recoñezan aos alfombreiros como as persoas que confeccionan alfombras de flores para manifestacións rituais e relixiosas. Non esquecen que estes homes e mulleres levan creando esta arte efémera desde os últimos douscentos anos. 

En italiano os que fan tapices con flores chámanse infioratore; en México, tapeteros. En Ponteareas, alfombristas, aínda que actualmente os dicionarios non recollan a acepción de facer alfombras con flores.

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas traballa hoxe para que a comisión de neoloxismos da RAE engada a acepción, para a palabra alfombrista, do que fai as alfombras de flores e a RAG recoñeza a palabra alfombreiro.

"Ponteareas o que fai é seguir sendo ese faro do alfombrismo español para ir marcando a pauta e esixir que estes artistas que recolleron a tradición dos seus pais, isto é moi importante para nós, e dos seus avós, sigan estando aí e sexan recoñecidos na súa arte de forma lingüística", conta a TVG Miguel Ángel García, o presidente dos alfombristas de Ponteareas.

Na vila do Corpus un alfombrista é, dende hai douscentos anos, un creador de tapices de flores, dunha arte fermosa aínda que efémera.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade