Traballadores de Renfe denuncian en Ourense a "privatización do servizo de mercadorías"
Traballadores de Renfe denuncian en Ourense a "privatización do servizo de mercadorías"
Denuncian tamén a externalización de traballo a outras empresas, o que condiciona, din, o futuro de servizos como o taller de mantemento
Traballadores de Renfe e ADIF concentráronse fronte á estación de Ourense para protestar pola privatización do servizo de mercadorías. Os sindicatos critican que o Adif trata de aplicar a xornada semanal de 35 horas sen incrementar a contratación.
Denuncian tamén a externalización de traballo a outras empresas, o que condiciona, din, o futuro de dependencias como o taller de mantemento de Renfe en Ourense.
"Afecta no rural e no interior de Galicia, que levamos tanto tempo pedindo unha mellora dos servizos, e agora atopamos que, segundo Renfe, a política de empresa está encamiñada á liberalización do servizo. E preocúpanos, como cidadáns e como traballadores", asegura o responsable do sector ferroviario da CGT en Ourense.