Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres Tinkle pasa o recoñecemento médico e incorpórase á disciplina do Obradoiro

Tres Tinkle pasa o recoñecemento médico e incorpórase á disciplina do Obradoiro

Este pivote estadounidense de 2,03 metros e 27 anos procede do Le Mans Sarthe Basket da Pro A francesa

Foto @OBRADOIROCAB Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 21/08/2023 16:07 Última actualización 21/08/2023 16:12

O Obradoiro comeza a súa segunda semana de adestramentos á que se suma Tres Tinkle, quen aterrou onte en Santiago de Compostela. Os seus primeiros pasos como xogador obradoirista deunos no HM Hospitais Rosaleda, membro do Club de Empresas Obradoiro, para someterse a recoñecemento médico.

Esta mesma tarde terá o seu primeiro contacto co parqué do Multiusos Fontes do Sar, para sumarse aos seus compañeiros nas sesións de preparación da tempada.

O Monbus Obradoiro e Tres Tinkle chegaron a un acordo para a próxima tempada. Este pivote estadounidense de 2,03 metros e 27 anos procede do Le Mans Sarthe Basket da Pro A francesa onde a pasada campaña promedió 11.3 puntos, 5.1 rebotes e 1.5 asistencias en 24.3 minutos (25 partidos disputados).

Previamente, o norteamericano pasou polo equipo italiano Vanoli Cremona da Leiga Basket Serie A e tamén os Raptors 905 da G-League, onde recalaría tras as súas cinco tempadas na NCAA con Oregon State Beavers da Universidade Estatal de Oregón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar