Tres xeracions de palilleiras, adegueiras e músicas no acto oficial do 8-M da Xunta
Tres xeracions de palilleiras, adegueiras e músicas no acto oficial do 8-M da Xunta
O proxecto da lei de galega de igualdade esta en fase de exposición pública
En Galicia o principal acto institucional estivo protagonizado por tres xeracións de mulleres dos sectores da artesanía, o viño e a música. Palilleiras de Camariñas, adegueiras de Ourense e músicas de Mos acompañaron ao presidente da Xunta no acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.
As familias Mouzo, Vázquez e Senlle explicaron en primeira persoa as súas experiencias e as diferenzas entre o mundo que viviron as avoas e o que agora afrontan as súas netas. Para elas este 8-M é un día de festa pero tamén de loita.
O presidente da Xunta lembrou alí que saíu a información pública o proxecto da lei galega de igualdade que, segundo el, situará Galicia na vangarda da loita contra a discriminación de xénero. Neste labor, di Feijóo, non pode haber diferenzas entre partidos nin ideoloxías.
"Na defensa da igualdade temos cabida todos, e non é algo propio duns partidos ou dunha ideoloxía, é consubstancial cunha persoa polo feito de ser persoa... Isto non ten discusión, o que temos é que pasar á acción con accións máis perfeccionadas, máis concretas, acertar e ser implacables, implacables con calquera tipo de discriminación", dixo Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.