Trump enfrontase a sete cargos polos caso dos documentos clasificados
Trump enfrontase a sete cargos polos caso dos documentos clasificados
Os sete delitos federais incluen retención ilegal de segredos do goberno, obstrución da xustiza e conspiración
Unha treboada xudicial que o colle no medio da súa intensa campaña para volver á Casa Branca
O expresidente negou nun primeiro momento que a Fiscalía o estivese investigando
O expresidente dos EUA Donald Trump finalmente recoñeceu que foi acusado nunha investigación sobre o manexo de documentos clasificados, no que representa a primeira vez na historia do país en que un exmandatario é imputado con cargos federais.
Trump informou sobre a imputación a través da súa rede social Truth Social, en que denunciou que existe unha persecución na súa contra e acusou os demócratas de estaren a interferir nas eleccións.
"Nunca pensei que fose posible que algo así puidese pasarlle a un expresidente dos Estados Unidos que recibiu máis votos que calquera outro presidente na historia do noso país", escribiu hoxe Trump en Truth Social e agregou que é "inocente".
Trump está imputado ante un tribunal en Miami por sete delitos federais, incluído retención ilegal de segredos do goberno, obstrución da xustiza e conspiración, segundo informaron os principais medios nacionais.
O mandatario apuntou nas súas redes sociais que foi citado para comparecer no Tribunal Federal de Miami o vindeiro martes ás tres da tarde.
O documento xudicial, con todo, non se deu a coñecer aínda de maneira oficial, e o Departamento de Xustiza rexeietou facer comentarios sobre o caso.
Nun vídeo publicado en Truth Social, Trump criticou directamente o Departamento de Xustiza e o FBI, aos cales acusou de estar a ser instrumentalizados polo actual goberno.
"Chámase interferencia electoral, están intentando destruír a miña reputación para poder gañar os comicios (...) Van polo meu porque estou repuntando nas enquisas", asegurou o exmandatario.
Esta é a segunda vez que Trump afronta cargos criminais, e é á súa vez o primeiro presidente na historia do país en ser imputado.
En abril deste ano, o republicano foi acusado por unha corte en Nova York de 34 delitos en relación cuns pagos feitos á actriz porno Stormy Daniels durante a campaña presidencial de 2016.
A imputación deste xoves forma parte da investigación, comandada polo fiscal especial Jack Smith, sobre o manexo por parte de Trump de centos de documentos clasificados que foron achados polo FBI na súa mansión en Florida.