Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump fai historia xudicial de novo: o primeiro expresidente dos EUA con cargos federais

Trump fai historia xudicial de novo: o primeiro expresidente dos EUA con cargos federais

Foi arrestado e declarouse non culpable nos xulgados de Miami

Fóra, unha multitude apoiábao, entre fortes medidas de seguridade

Despois acudiu a un restaurante do exilio cubano onde lle cantaron o 'Parabéns para ti'

En Nova Jersey dixo que esta sendo perseguido e reitera a súa intención de volver á Casa Branca

G24.gal 14/06/2023 08:51

Son horas intensas para Donald Trump. Pouco despois de comparecer no xulgado de Miami, durante un acto de recadación de fondos en Nova Jersey proclamaba unha vez máis que sofre unha persecución política e que Biden intenta destruír a democracia estadounidense. E deixou clara a súa intención de volver á Casa Branca.

Tras ser arrestado, o martes, Trump falou bastante menos na sede xudicial. Alí declarouse non culpable de 37 cargos relacionados co suposto mal manexo de papeis clasificados. 

A xornada histórica sentíase no exterior, entre fortes medidas de seguridade e ducias de partidarios de Trump manifestándose e apoiándoo baixo o intenso sol de Miami. 

O expresidente dos Estados Unidos afronta delitos como retención deliberada de documentos secretos de defensa, falso testemuño e obstrución á xustiza, que poden sumar penas de ata 400 anos de cadea. 

Despois de quedar en liberdade sen medidas cautelares, o multimillonario puxo rumbo ao Versailles, na Pequena Habana, un restaurante mítico do exilio cubano. Alí animouse, entrou en ton de campaña e incluso lle felicitaron o aniversario, pois hoxe Donald Trump fai 77 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade