Ucraína prepárase para a batalla do Donbás sen pechar a vía diplomática
Ucraína prepárase para a batalla do Donbás sen pechar a vía diplomática
O gobernador de Lugansk pídelles aos residentes que se quedaron, un 30 %, que marchen da zona
Zelenski reclama unha "resposta global firme" ao "crime de guerra" en Kramatorsk
Zelenski segue a recibir apoios da comunidade internacional. Este sábado chegouse ata Kíiv o chanceler federal de Austria, quen a pesar da neutralidade militar do seu país, apostou por impoñer máis sancións a Rusia.
A intelixencia británica prevé que Rusia intensifique os ataques aéreos para reforzar a toma do Donbás. Os Estados Unidos estiman que perdeu ata un 20 % do seu poder de combate pero que xa busca recrutas e reservistas. Sóubose ademais que reorganizou a cúpula militar que dirixe a invasión e colocou á fronte un xeneral curtido en Siria.
Batalla dura
O presidente ucraíno admitiu que vai ser unha batalla dura. Dixo que están listos para loitar pero que manteñen aberta paralelamente a vía diplomática.
Ao tempo, Ucraína anunciou a creación dun arquivo en liña para documentar os crimes de guerra e evitar que os autores escapen á xustiza.
Din que a tecnoloxía de recoñecemento facial e a intelixencia artificial xa permitiron identificar moitos dos responsables das matanzas rexistradas na rexión de Kíiv.