Ucraína, un pouco máis cerca da Unión Europea
Ucraína, un pouco máis cerca da Unión Europea
Von der Leyen eloxia en Kíiv as reformas do país en prol da súa adhesión
Confía en que se completan os cambios pasen á etapa de negociacións
A presidenta da Comisión Europea eloxiou os progresos de Ucraína no seu camiño cara a unha eventual adhesión á Unión, a pesar de estar en medio dunha guerra.
Citou a reforma da xustiza e as medidas para reducir o poder dos oligarcas e combater o branqueo de capitais e animou a Kíiv a cumprir co resto de recomendacións da comunidade.
Von der Leyen subliñou que se o fan, está segura de que lograrán pasar á seguinte etapa no proceso de integración.
Está previsto que a comisión presente o mércores un informe sobre os avances dos países candidatos, para que antes de final de ano os Estados decidan se poden comezar as negociacións.
Zelenski asegurou que as reformas continuarán e que obter unha resposta positiva suporía unha inxección de moral para a sociedade ucraína e para os soldados na fronte.
O presidente de Ucraína desmentiu que a guerra estea nun punto morto e que Occidente o presione para negociar con Rusia, e reclamou máis defensas aéreas.
Von der Leyen reiterou que non deixarán de apoialos e que presentará pronto máis sancións contra Moscova.