Un ataque nocturno ruso con mísiles deixa 17 mortos en Zaporijia
Un ataque nocturno ruso con mísiles deixa 17 mortos en Zaporijia
Aínda se estaba a recuperar doutra ofensiva na que morreron 19 persoas
Ucraína celebra a explosión na ponte de Crimea pero non confirma se está detrás
Polo menos 17 persoas morreron como resultado do ataque nocturno ruso con mísiles contra a cidade ucraína de Zaporijia, segundo informa Anatoly Kurtev, alcalde interino da localidade a través de Telegram, e recolle a axencia de noticias Ukrinform.
"Como resultado do ataque nocturno con foguetes en Zaporijia, varios edificios de apartamentos e algunhas rúas residenciais da cidade quedaron danadas. Segundo datos preliminares, cinco casas foron destruídas e unhas 40 persoas resultaron feridas. Polo momento, sábese que morreron 17 persoas", escribiu.
Segundo informacións proporcionadas con anterioridade polo xefe da Administración Rexional Militar de Zaporijia, Oleksandr Starukh, o Exército ruso, que "continúa aterrorizando a cidade", lanzou dez mísiles contra a cidade.
A cidade de Zaporijia aínda se estaba a recuperar dun ataque con mísiles rexistrado o xoves pasado, no que morreron 19 persoas, segundo o último balance das autoridades. Nesa ocasión, as tropas rusas utilizaron mísiles S-300, que impactaron no centro da cidade.