Un atentado contra unha sinagoga no sur de Francia deixa un policía ferido
Un atentado contra unha sinagoga no sur de Francia deixa un policía ferido
Os autores do ataque incendiaron dous vehículos nas proximidades do templo, un deles cunha bombona de gas, o que orixinou unha explosión que feriu o axente local
Un policía municipal quedou ferido este sábado nun atentado contra unha sinagoga na localidade da Grand Motte, no sur de Francia, preto de Montpellier, segundo anunciaron as autoridades.
Dous vehículos foron incendiados preto da sinagoga Beth Yaacov, un deles cunha bombona de gas, o que causou unha explosión que feriu o axente aínda que non de gravidade.
O incidente, que ocorreu pouco antes das 8:30 (6.30 GMT), ten unha orixe "manifestamente criminal", afirmou en X o ministro do Interior, Gérald Darmanin, quen asegurou "aos nosos concidadáns xudeus e á cidade todo o meu apoio".
Une tentative d’incendie, manifestement criminelle, a touché la synagogue de la Grande Motte ce matin. Je veux assurer nos concitoyens juifs et la commune de tout mon soutien et dire qu’à la demande du Président de la République @EmmanuelMacron, tous les moyens sont mobilisés…
— Gérald DARMANIN (@GDarmanin) August 24, 2024
As lapas alcanzaron as portas da sinagoga, que estaba baleira nese momento. O lume comezou en catro puntos distintos. O ataque rexístrase na xornada da semana de maior asistencia ao templo.