Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un bo Coruxo non pode co Zamora (1-2)

Un bo Coruxo non pode co Zamora (1-2)

Os galegos non frean a persecución do Zamora a Pontevedra e Ourense

O Coruxo mereceu máis na primeira metade, pero na segunda igualouse o encontro e o Zamora conseguiu gañar o encontro

G24.gal 11/02/2024 18:01

O Coruxo non deu gañado o partido contra o Zamora a pesar da boa imaxe e de adiantarse no marcador. Os galegos foron moi superiores na primeira metade, en que se adiantaron co gol de Davo, que aproveitou un rebote tras un tiro ao traveseiro de Añón. No tramo final da primeira metade, os zamoranos empataron tras un desaxuste defensivo dos locais e mandaron o encontro igualado ao descanso.

Na segunda metade igualouse o partido pero o Coruxo seguiu tendo as ocasións máis claras. No desconto, un remate de cabeza de Sergi Baldrich nunha falta mudou o Vao.

Co resultado, o Zamora mantense terceiro, a un punto dos colíderes Pontevedra e Ourense. O Coruxo queda noveno, a catro puntos da promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar