Publicador de contidos
Publicador de contidos

A empresa di que outro vehículo foi o que provocou o atropelo de Rotterdam

A empresa di que outro vehículo foi o que provocou o atropelo de Rotterdam

Seis persoas mortas, e sete feridas, no accidente dun camión murciano preto de Rotterdam

O condutor está detido, agardando polo resultado da proba de drogas

O camión pertence á empresa El Mosca, con base en Murcia
G24.gal 28/08/2022 20:52

O accidente ocorreu este sábado, cando un camión da empresa murciana El Mosca se foi fóra da estrada holandesa por onde circulaba, preto do porto de Rotterdam, e arremeteu contra un grupo dunhas cincuenta persoas que se preparaban para comer.

Tres dos sete falecidos son membros da mesma familia

Seis persoas, catro homes e dúas mulleres, morreron no acto. Outras sete persoas quedaron feridas, unha delas moi grave. Tres dos falecidos eran da mesma familia.
Un dos feridos leves, que subiu á cabina para apagar o camión, dixo que o condutor estaba conmocionado e era incapaz de explicar o que pasara. 

A empresa di que o condutor tratou de esquivar unha furgoneta

A empresa á que pertencía o camión, a murciana El Mosca, dixo que o seu condutor, un español de 46 anos, perdeu o control ao tratar de esquivar unha furgoneta que se cruzou no seu traxecto. A policía holandesa está investigando o asunto, e o único que confirmou ata o momento é que o condutor deu negativo na proba de alcolemia e que está detido mentres agardan polos resultados da proba de drogas e medicamentos.

O alcalde da localidade onde ocorreu o accidente, próxima ao porto holandés de Rótterdam, dixo que a traxedia puxo de loito a comarca, xa que a maior parte das vítimas eran veciñas do lugar. 

A empresa propietaria do camión, El Mosca, con base en Murcia e mercada recentemente polo grupo Logista, enviou as súas condolencias ás familias dos falecidos e púxose á disposición das autoridades holandesas para aclarar as causas do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade