Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche bate contra o escaparate dun local da Coruña, pero non quedou ninguén ferido

Un coche bate contra o escaparate dun local da Coruña, pero non quedou ninguén ferido

No momento do sinistro había 16 persoas no interior do negocio

G24.gal 08/05/2024 14:44

Completamente esnaquizado quedou o escaparate dun local de estética do centro da Coruña.

"Sentimos un ruído, bateu contra o cristal, vin a xente erguerse, correndo..., e eu tamén fun correndo para a parte de atrás". Así explica Antía García, a encargada do negocio, como viviron o espectacular accidente.

Aconteceu contra as catro e media da tarde, no cruzamento da rúa Juan Flórez coa rúa Betanzos, e xerou un susto grande na zona. "Eu estaba aquí e vino, pero foi un segundo. Si escoitei pitar en Juan Flórez, e semella que outro coche invadiulle o carril, ela pisou o acelerador en lugar do freo e acabou aí. E xa cando ves saír a rapaza, respiras, pero...".

A condutora saíu ilesa. Tamén as 16 persoas que estaban no interior do negocio. "Por sorte, non houbo danos persoais".

Polo momento o negocio segue pechado ao público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade