Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convoca axudas por 18 millóns para a transición enerxética da automoción

A Xunta convoca axudas por 18 millóns para a transición enerxética da automoción

Serán dúas liñas de axudas diferenciadas para investimentos en equipamentos e elaboración de proxectos para a transición no sector e para o aforro e a eficiencia enerxética que a Administación galega lanzará con fondos propios

G24.gal 20/05/2024 11:53 Última actualización 20/05/2024 14:42

O Goberno galego aprobou este xoves abrir o próximo mes de xuño unha convocatoria de axudas, por un total de 18 millóns de euros, para impulsar a transición enerxética do sector da automoción en Galicia e as súas auxiliares.

Así o avanzaron, na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello, tanto o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, quen confirmou que as subvencións non serán en concorrencia competitiva.

Serán, tal e como reivindicou Lorenzana, "fondos propios" da Comunidade Autónoma e dividirase en dúas liñas de axudas diferentes: unha para investimentos en equipamentos e elaboración de proxectos para a transición no sector, de ata 300.000 euros e un 70 % dos gastos incorridos, e outra para o aforro e a eficiencia enerxética, de ata 70.000 euros.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que estas empresas auxiliares, a maioría ao redor de Stellantis, xeran 25.000 empregos e asegurou que as axudas se han desenvolto en colaboración coa Agrupación industrial da Automoción.

O prazo de solicitudes pecharase o 31 de outubro, ou antes, se se esgota o crédito dispoñible de 18 millóns, e serán subvencionables proxectos a partir do 1 de xaneiro deste ano.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade