Cargando resultados...
O perexil, un cultivo diferente
O perexil, un cultivo diferente
Un veciño de Xermade ten unha das maiores plantacións de Galicia
G24.gal
22/08/2024 14:08
Xermade, parroquia de Piñeiro. Aquí José Manuel ten un cultivo de cinco mil metros dedicados só ao perexil. Unha planta coa que comezou a traballar hai catorce anos. O máis complicado é a súa colleita.
Agora que estamos no verán a súa filla bota unha man pesando os mañuzos, que teñen que ser de 50 gramos. A Inés gústalle este mundo.
Ademais tamén cultivan cabaciñas, verzas e repolo, xa que empezan co perexil en marzo e remata coas xeadas, polo que hai que axudarse de máis cultivos. Pero están moi satisfeitos por traballar cunha planta que non é moi esixente e que ten o mercado asegurado.