Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un de cada tres menores está enganchado ás redes sociais

Un de cada tres menores está enganchado ás redes sociais

Un mal uso ou falta de control no que ven os menores pode ter graves consecuencias

G24.gal 26/09/2023 14:07

O 98 % dos menores de 16 anos consomen Internet, e un mal uso ou a falta de control pode ter graves consecuencias.

Para axudar a minimizar os riscos do uso da tecnoloxía na casa, os pediatras xa contan cunha ferramenta. Din que a recomendación de tempo por idade é de cero a dous anos, non hai un tempo seguro. De dous a cinco anos, non máis de media hora. E a partir de cinco anos, non máis de dúas horas de ocio dixital.

Tamén insisten en crear no ámbito familiar zonas libres de pantallas e non botar man do dispositivo coma se fose un coidador.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade