Un fiscal pide unha condena de 12 anos de cárcere para a vicepresidenta da Arxentina
Un fiscal pide unha condena de 12 anos de cárcere para a vicepresidenta da Arxentina
Foi xulgada por un presunto delito de asociación ilícita e administración fraudulenta de fondos públicos
Un fiscal solicitou este luns unha pena de 12 anos de prisión para a vicepresidenta da Arxentina, Cristina Fernández, no xuízo oral que se lle segue por presuntas irregularidades na adxudicación de obra pública cando era mandataria.
O fiscal pediu tamén que Fernández, quen gobernou A Arxentina entre 2007 e 2015, sexa inhabilitada a perpetuidade para desempeñar cargos públicos.
Fernández, de 69 anos, é xulgada desde maio de 2019 polo presunto delito de asociación ilícita e administración fraudulenta de fondos públicos.
No proceso xúlganse as presuntas irregularidades na concesión de 51 obras públicas a firmas do empresario Lázaro Báez durante os gobernos do falecido Néstor Kirchner (2003-2007) e Cristina Fernández (2007-2015) na austral provincia de Santa Cruz.
O fiscal tamén solicitou diversas penas para Lázaro Báez, o exministro de Planificación Julio De Vido e outros exfuncionarios kirchneristas.