Un gol de Rodrigo dálle ao Manchester City a súa primeira Champions
Un gol de Rodrigo dálle ao Manchester City a súa primeira Champions
O equipo de Guardiola proclamouse campión tras derrotar ao Inter en Istambul (1-0)
O Manchester City é o novo campión de Europa. Os de Guardiola chegaban como favoritos á final de Istambul diante do Inter, pero o equipo italiano vendeu moi cara a súa pel.
O Manchester City exerceu de favorito na primeira metade, pero non foi quen de crear verdadeiro perigo. As súas mellores ocasións levaron a sinatura de Bernardo Silva e de Haland. O Inter, moi ordenado, agardaba o seu momento e tamén tivo algunha ocasión. Pero, se por algo se pode lembrar eses 45 minutos foi pola lesión de De Bruyne, que tivo que deixar o encontro por lesión.
Na segunda metade, o Inter comezou a saír con algo máis de perigo. Lautaro aproveitou un erro defensivo para gañar a liña de fondo, pero decidiu tirar el no canto de buscar a Lukaku, que acababa de entrar por Dzeko.
No minuto 67 ía chegar o gol do partido. Un balón en profundidade para Bernardo Silva foi rexeitado cara á frontal da área, e alí apareceu Rodrigo para abrir o marcador.
💫 Pase a la red. La guinda a una temporada espectacular.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) June 10, 2023
Rodrigo Hernández Cascante. #UCLfinal #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/jrgxPeU3qj
O Inter botouse arriba á busca do empate, e estivo a piques de acadalo so dous minutos despois, con dous remate de Di Marco que petaron no poste e en Lukaku. Pouco despois era o propio Lukaku quen probaba a Ederson. E Foden tivo nas súas botas o 2-0 pero, despois dun espectacular movemento, non puido superar a Onana.
Nos últimos minutos, o equipo de Guardiola foi quen de asegurar a posesión no campo do Inter. Pero os italianos non dixeran a última palabra. Lukaku tivo un balón dentro da área pequena e Ederson sacouna de xeito milagreiro cando faltaban dous minutos. Xa no tempo engadido, Lukaku e Barella volveron buscar o gol sen éxito. E morreu o partido con Onana incorporado buscando o gol, pero a historia estaba escrita. O Manchester City é campión de Europa, e Guardiola acada a súa terceira Champions.
🏆 ¡𝐄𝐋 𝐌𝐀𝐍𝐂𝐇𝐄𝐒𝐓𝐄𝐑 𝐂𝐈𝐓𝐘 𝐄𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐄𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐏𝐀!
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) June 10, 2023
Gündogan levanta al cielo de Estambul la primera Champions de la historia del club y los skyblues firman un triplete histórico. #UCLfinal #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/QXneN4q6Qk