Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid, eliminado da Champions tras perder por un contundente 4-0

O Real Madrid, eliminado da Champions tras perder por un contundente 4-0

Un Madrid pobre e sen ideas distou moito de ser o gran equipo que se acostumou a ver a pasada temporada na Champions

Os británicos mediranse co Inter de Milán na final de Istambul

O madridista Antonio Rudiger cun adversario nun lance do partido O madridista Antonio Rudiger cun adversario nun lance do partido
G24.gal 17/05/2023 23:13

O Real Madrid díxolle adiós a Champións despois de sufrir unha dura e contundente derrota por catro goles a cero ante o Manchester City no campo do equipo británico no partido de volta das semifinais da máxima competición europea. O conxunto inglés foi moi superior a equipo blanco durante todo o partido.

Que o gardameta do equipo da capital de España fose o mellor dos once xogadores blancos vén a demostrar porque carreiros discurriu un partido no que o Madrid estivo moi espeso, con Vinicius ensombrecido por Walker, en tanto que Benzema estivo literalmente desaparecido.

O combinado británico nin sequera precisou da súa gran estrela, o noruego Haland, e encarrilou o partido dende os primeiros instantes. No minuto 22 Bernardo Silva inaugurou o marcador, para amplialo no 36. Con un claro 2-0, o cadro local foise aos vestiarios cando aínda moitos merengues agardaban unha máxica reacción do seu equipo.

Na segunda metade, as cousas apenas melloraron. A única vez que o Madrid chegou con perigo a área británica foi grazas a un potente tiro do austríaco Alaba que detivo o gardarredes local Ederson. A situación seguía pintando moi mal para o Real Madrid, que carecía de ideas ante un rival que o estaba dominando de adiante atrás, sen darlle practicamente ningunha opción.

Din que as desgrazas nunca veñen soas. E iso debeulle pasar ao equipo que xoga de local no Santiago Bernabeu e así Militao marcaba en propia meta o terceiro gol do Manchester que definitivamente noqueaba aos merengues. 

Porén, a cousa non ía rematar aí. Nos derradeiros compases do partido o arxentino Julián Álvarez facía o cuarto e definitivo tanto e asinaba así unha goleada histórica, amáis de tomar a revancha pola eliminación do ano pasado, cando o Madrid lle remontou in extremis unha avantaxe de 0-1 no Bernabeu, forzando a prórroga que lle daría o pase a final.

En definitiva,  Guardiola consegue acadar a súa segunda final de Champions co equipo inglés, despois dun global de 5-1 sobre o Madrid nos dous encontros. Na final agardalle o vindeiro mes de xuño o histórico Inter de Milán, quen ten tres orelludas nas súas vitrinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar