Un gol do silledense Joselu mete a España na final da Liga das Nacións
Entrou por Morata no minuto 83 e no 88 marcou o tanto do triunfo da selección española diante de Italia (1-2)
España xogará diante de Croacia a final da Liga das Nacións grazas a un gol do silledense Joselu. O dianteiro galego entrou no lugar de Morata no minuto 83 e no 88 aproveitou un rexeite despois dun remate de Rodri para poñer o 1-2 definitivo.
Os goles chegaran moi cedo. Aos tres minutos Yeremi Pino aproveitaba un erro da defensa italiana para anotar o primeiro.
𝐘𝐞́𝐫𝐞𝐦𝐢 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐏𝐢𝐧𝐨
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2023
🔥 ¡Se adelanta España con un tanto del canario tras una presión alta de Gavi!
🇪🇸España 1-0 Italia🇮🇹 #NationsLeague
DIRECTO | @La1_tve y https://t.co/nLCvXlZr1z pic.twitter.com/FAl07y0x27
Un penalti por mans do debutante Le Normand permitiulle a Inmobile lograr o gol do empate. Once minutos e o resultado era de 1-1
⚽️ Empata Immobile tras un penalti por mano de Le Normand
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2023
🎯 Engañó el delantero italiano a Unai Simón.
🇪🇸España 1-1 Italia🇮🇹 #NationsLeague
DIRECTO | La 1 y https://t.co/nLCvXlZr1z pic.twitter.com/t9eF9eTIZV
Aínda quedaba outra sorpresa no primeiro tempo cun gol anulado a Italia por posición de fóra de xogo.
O partido baixou na segunda metade, poucas ocasións dun duelo que parecía irse á prórroga. Ata que chegou Joselu, co seu habitual oportunismo para poñer o 1-2 e darlle o triunfo a España.
𝑸𝑼𝑬́ 𝑩𝑨𝑹𝑩𝑨𝑹𝑰𝑫𝑨𝑫 ¿𝑪𝑶́𝑴𝑶 𝑯𝑨 𝑯𝑬𝑪𝑯𝑶 𝑬𝑺𝑶?
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2023
🔥 ¡Apareció @JoseluMato9 para meter el pie en el momento justo y dejar a España cerca de la final!
🇪🇸España 2-1 Italia🇮🇹 #NationsLeague
DIRECTO | @La1_tve y https://t.co/nLCvXlZr1z pic.twitter.com/3X3LIDXB24