Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo chinés escolle Galicia para producir rodas para toda Europa

Un grupo chinés escolle Galicia para producir rodas para toda Europa

O proxecto instalarase nas Pontes e poderá crear 750 empregos directos

G24.gal 19/01/2022 14:55

Unha compañía chinesa quere construír unha fábrica de pneumáticos en Galicia. Uns terreos da contorna das Pontes prepáranse para acoller o que será un dos maiores proxectos da industria do motor en Galicia.

O grupo chinés Sentury Tire xa conta con dúas plantas similares en Asia e busca ampliar en Europa. Nas Pontes a previsión é producir ata 12 millóns de toneladas de rodas anuais e crear 750 empregos directos. O proxecto ofrece tamén futuro para o sector do transporte na zona. O grupo asiático leva un ano traballando co Goberno galego para estudar a viabilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos