Cargando resultados...
Un Lugo "fatigado" tentará aproveitar contra o Málaga a enerxía anímica da última vitoria
Un Lugo "fatigado" tentará aproveitar contra o Málaga a enerxía anímica da última vitoria
O Lugo vén de gañarlle 2-0 o As Palmas
G24.gal
23/10/2021 12:58
Semana sen apenas descanso para o Lugo, que xoga hoxe ás 20:30 en Málaga, nun bo estado de forma e co mellor ánimo, logo de rabuñar 9 puntos dos últimos 15 vitorias e por suposto da vitoria 2-0 o As Palmas na derradeira xornada.
Rubén Albés: "O equipo está canso, xogamos en 48 horas dous partidos, hai un desgaste importante pero sempre penso que a cabeza move as pernas, e a vitoria dá enerxía".
Pola súa parte, José Alberto, o adestrador do Málaga pensa que o Lugo "é un equipo que mellorou moito respecto doutras tempadas, que ten moitos recursos e que como demostran os seus resultados é un equipo moi competitivo".
Non viaxou Manu Barreiro, quen, segundo o club, se resentiu da lesión no pé dereito.