Un rebentón húmido provoca asolagamentos, caídas de árbores e cortes de estrada en Madrid
Un rebentón húmido provoca asolagamentos, caídas de árbores e cortes de estrada en Madrid
A culpa é dunha nova DINA que entrou polo Atlántico e ameza con tormentas ao longo da semana por España
En Madrid recupéranse da forte tromba de auga, pedrazo e vento que onte, a última hora da tarde, provocou o caos na capital, con refachos por riba dos 60 quilómetros por hora.
O intenso pedrazo de ata tres centímetros de grosor sorprendeu pasadas as sete e media da tarde. Estaban a 37 graos e as temperaturas baixaron máis de dez.
En apenas media hora caeron ata 15 litros por metro cadrado. A auga entrou nas estacións de metro e asolagou locais e o vento arrancou pólas e tirou árbores sobre as estradas. Arrastrou colectores e estragou terrazas.
O fenómeno coñecese como rebentón húmido. A descarga foi localizada e afectou de xeito desigual. Os bombeiros traballaron arreo en Cidade Universitaria, Chamberí, Latina e Tetuán, onde levaron a peor parte.
A culpa é dunha nova DINA que entrou polo Atlántico e ameza con tormentas ao longo da semana por España.