Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un terremoto de magnitude 4,3 sacode León

Un terremoto de magnitude 4,3 sacode León

O sismo deixouse sentir tamén na provincia de Zamora e en Asturias

G24.gal 30/09/2023 20:43 Última actualización 30/09/2023 20:56

Un terremoto de magnitude 4,3 na escala Richter deixouse sentir esta tarde nas provincias de León e Zamora e tamén nalgunhas localidades asturianas.

O tremor rexistrouse pouco antes das tres da tarde e tivo o seu epicentro no concello leonés de Villamejil, a unha profundidade de cinco quilómetros.

Nalgúns puntos percibiuse cunha intensidade de grao catro, que xa permite notar vibracións, estalos e certo movemento do mobiliario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade