Desactivada a alerta de tsunami tras o terremoto de magnitude 7 en California
Desactivada a alerta de tsunami tras o terremoto de magnitude 7 en California
O sismo ocorreu a unha profundidade de 10 quilómetros no norte do estado
As autoridades meteorolóxicas dos Estados Unidos levantaron a alerta de tsunami creada este xoves tras o potente terremoto de magnitude 7,0 e varias réplicas que axitaron o norte de California.
"A alerta de tsunami cancélase para as zonas costeiras de California e Oregón. Actualmente non existe perigo de tsunami para esta zona", informou nun comunicado o Sistema de Alerta de Tsunamis do Servizo Meteorolóxico dos Estados Unidos.
Un sismo tivo lugar a unha profundidade de 10 quilómetros no noroeste de Petrolia, unha cidade do condado de Humboldt, no norte da cidade de San Francisco. A esta sacudida seguiulle aos tres minutos unha réplica de magnitude 5,8 a 9 quilómetros de Cobb, no norte de California, e máis dunha decena de tremores de entre 2,5 e 4,3 de magnitude, segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos.
Polo momento non se informou de que haxa vítimas. As autoridades locais traballan para analizar posibles danos e manteñen a recomendación cidadá de manterse afastarse das zonas de praia. Aínda que os terremotos son habituais no estado de California, ao atoparse no límite occidental da placa norteamericana, non adoitan superar a magnitude 5.
O tremor máis tráxico da historia recente e que aínda permanece na memoria de moitos californianos foi o de 1994, de magnitude 6,7 na zona metropolitana de Los Ángeles, que deixou 57 mortos, miles de feridos e numerosos danos materiais.
As autoridades están a avaliar actualmente a situación e recoméndase aos residentes que se manteñan alerta ante posibles réplicas. Ata o momento non se reportaron posibles vítimas ou danos. O condado de Humboldt está situado no norte de San Francisco e é unha área boscosa.