Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tribunal de Nova York anula a condena a Harvey Weinstein

Un tribunal de Nova York anula a condena a Harvey Weinstein

Weinstein cumpre dúas penas de prisión por abusos sexuais, polo que a anulación deste xoves non significaría a súa excarceración, senón o seu posible traslado para cumprir a segunda sentenza

Harvey Weinstein. Etienne Laurent/Pool via REUTERS Harvey Weinstein. Etienne Laurent/Pool via REUTERS
G24.gal 25/04/2024 16:33 Última actualización 25/04/2024 17:18

O Tribunal de Apelacións de Nova York anulou este xoves a condena ao produtor de cinema Harvey Weinsten por erros no proceso xudicial de 2020 que lle supuxo unha condena de 23 anos de cárcere e que significou o nacemento do movemento do #MeToo.

O fallo da corte, sobre o que non cabe recurso, foi aprobado por unha exigua maioría de 4-3 xuíces, e baséase no feito de que o xuíz chamou indebidamente a declarar como testemuñas a varias mulleres que aseguraron ser vítimas do produtor, cando as acusacións que presentaron non formaban parte dos feitos xulgados.

"O remedio a estes erros enormes é un novo xuízo", sinala o fallo, que recolle as opinións discrepantes dos tres xuíces que votaron en contra.

Weinstein, de 72 anos, cumpre dúas penas de prisión nun penal de Mohawk (estado de Nova York), unha de 23 anos e outra de 16, en ambos os casos por delitos relacionados con abusos sexuais, polo que a anulación deste xoves non significaría en principio a súa excarceración, senón o seu posible traslado a California para cumprir a segunda sentenza.

O New York Times dixo contactar cos avogados de Weinstein, quen non souberon precisar se el xa se decatou do novo fallo.

Aquel primeiro xuízo de Weistein, agora anulado, abriu a espita a un movemento estadounidense, logo mundial, bautizado como #MeToo, e que consistiu en testemuños públicos de mulleres que aseguraban ser vítimas de abusos sexuais no mundo do espectáculo e en contornas de traballo en xeral.

A fiscalía de Manhattan xa expresou o seu desgusto, e nunha declaración do seu portavoz, Emily Tuttle, dixo: "Faremos o que estea no noso poder para volver xulgar o caso, e mantémonos firmes no noso compromiso cos sobreviventes das agresións sexuais". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade