Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tromba de auga de 200 litros por metro cadrado provoca graves inundacións en Menorca

Un tromba de auga de 200 litros por metro cadrado provoca graves inundacións en Menorca

A DINA, que causou estragos nas Baleares, avanza agora cara a Córsega e Sardeña

G24.gal 15/08/2024 20:30 Última actualización 15/08/2024 20:44

Unha tromba de auga que descargou máis de 200 litros por metro cadrado en cinco horas causou estragos en Menorca. O torrente que cruza a localidade de Es Mercadal rebordou asolagando sotos, vivendas e negocios e levando por diante todo o que atopaba. Hai estradas cortadas e tiveron que rescatar unha familia que quedou atrapada pola riada dentro dun coche. E a Garda Civil desaloxou unha residencia de maiores por risco de derrube.

A DINA provocada polas elevadas temperaturas do Mediterráneo avanza agora cara a Córsega e Cerdeña. Pero Menorca segue en alerta vermella.  Baixou a laranxa en Mallorca, Eivisa e Formentera onde agora arranxan os estragos que causou durante o mércores e a mañá do xoves.

No norte de Mallorca os bombeiros tiveron que evacuar os viaxeiros do tren en Soller. Veciños e turistas contemplaban a desfeita nas praias da illa e nas estradas e vilas.  E en Formentera comezaban os traballos para reflotar os quince barcos que quedaron varados e retirar outros que seguen empoleirados nas rochas onde foron parar durante o paso do temporal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade