Publicador de contidos

Publicador de contidos

A galega Biofabri ultima o lanzamento da primeira vacina da tuberculose para adultos

A galega Biofabri ultima o lanzamento da primeira vacina da tuberculose para adultos

A empresa do Porriño, filial da farmacéutica Zendal, acaba de pór en marcha os ensaios finais en tres países de África

A tuberculose é a enfermidade infecciosa máis letal do mundo e causa máis dun millón de mortes ao ano

As instalacións onde se produce o novo medicamento son un lugar ao que moi poucas veces se pode acceder

G24.gal 31/03/2025 15:20 Última actualización 01/04/2025 14:39

Lucas Pérez volveu pór na diana a tuberculose. O futbolista coruñés revelou que se contaxiou dunha enfermidade que moitos consideraban un mal do pasado. Pero a tuberculose segue matando, e moito, máis dun millón duascentas mil persoas cada ano no mundo. E hai unha empresa galega, Biofabri, no Porriño, que está moi preto de poder lanzar a que sería a primeira vacina da historia para a tuberculose en adultos

A única que existe ten un século e só protexe os nenos. Por iso, a propia Organización Mundial da Saúde está participando tamén no proxecto desta compañía galega. "O que pretende", explica o director de Biofabri, Esteban Rodríguez, "é facer vacinacións masivas nos países endémicos en persoas entre os doce e os corenta anos. Iso supón ter que fabricar entre tres mil e catro mil millóns de doses durante varios anos".

A vacina, froito da modificación xenética dunha bacteria, prodúcese nas instalacións da empresa no Porriño. Para entrar alí hai que respectar unhas rigorosísimas normas de seguridade. Todo está asegurado e protexido para que non haxa contaminación externa.

Única no mundo

A vacina de Biofabri é a única que está en fase de ensaios procedente da bacteria da tuberculose humana. Comezaron con este proxecto hai dezasete anos e, por fin, este 2025 iniciaron a última fase de ensaios clínicos en Kenya, Tanzania e o Suráfrica. En dous ou tres anos terán os resultados finais e, se se confirma definitivamente que a vacina funciona, empezarán a producila de xeito masivo para salvar millóns de vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade