Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha España sen gol xogará a clasificación diante de Portugal

Unha España sen gol xogará a clasificación diante de Portugal

O santiagués Borja Iglesias xogou os últimos vinte minutos de partido

Triunfo de Suíza en Zaragoza por 1-2

G24.gal 25/09/2022 08:56

A selección española perdeu diante de Suiza (1-2) e complícase o pase ás semifinais da Liga das Nacións. Precisa un triunfo en Portugal na última xornada do grupo para acadalo. Ademais deixou malas sensacións, sobre todo en ataque, a poucas semanas de comezar a participación no Mundial de Qatar. 

Os suizos marcaron no primeiro tempo por medio de Akanji (minuto 21). Con tres dianteiros suplentes nos seus equipos (Ferrán Torres, Asensio e Sarabia) o equipo de Luis Enrique non funcionaba en ataque. 

No segundo tempo chegou o empate grazas a unha gran xogada de Asensio culminada polo lateral, tamén suplente no Barcelona, Jordi Alba. Parecía que se endereitaban as cousas pero tres minutos despois, no 58, Éric García marcaba na propia porta e poñía o definitivo 1-2.

O adestrador deu entrada ao santiagués Borja Iglesias no minuto 70 pero non foi quen de remendar os problemas ofensivos da selección española. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade