Unha exposición amosa a visión de máis de 30 artistas galegos da roubada imaxe da virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes
Unha exposición amosa a visión de máis de 30 artistas galegos da roubada imaxe da virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes
Unha exposición amosa a visión de máis de 30 artistas galegos da roubada imaxe da virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes
A mostra pode visitarse na Torre de Vilanova dos Infantes, en Celanova, onde se atopa o templo na honra da Virxe do Cristal
A diminuta imaxe do século XVII, de tan só uns 5 centímetros, fora roubada hai oito anos, cando asasinaron de xeito violento o párroco da vila que a custodiaba, don Adolfo Enríquez
O promotor desta exposición é o xornalista ourensán Xosé Manuel del Caño, a raíz da publicación do seu último libro: 'Ósos de santo
A lenda da Virxe do Cristal foi narrada polo poeta Curros Enríquez
Artistas de renome como Francisco Leiro, Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Xulia Ares, Soledad Penalta, que doou unha imaxe dunha virxe mercada nos Estados Unidos, ou a singular obra de Moncho Borrajo participaron nesta mostra que pretende cubrir dalgún xeito o oco emocional que deixou na xente de Vilanova do Infantes da súa imaxe mariana única e do seu querido párroco.
Cada 15 de setembro celébrase en Vilanova dos Infantes a festa na honra da Virxe do Cristal, que foi roubada hai agora oito anos, cando asasinaron brutalmente o párroco de Vilanova, don Adolfo Enríquez. Por iniciativa do xornalista e escritor Xosé Manuel del Caño, máis dunha trintena de artistas achegaron deseinteresadamente a súa versión da imaxe da Virxe do Cristal en distintos formatos, materiais e técnicas. Unha mostra que se pode ver na Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes, no concello ourensán de Celanova.