Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballar no campo e cantar, os segredos de Estrella para chegar aos 103 anos

Traballar no campo e cantar, os segredos de Estrella para chegar aos 103 anos

Celebrou o seu aniversario na Residencia San Carlos de Celanova cos seus compañeiros, onde non é a máis vella do centro, xa que hai outra muller con 104 anos

G24.gal 27/05/2024 14:46

Terra de centenarios, Celanova é un referente mundial en canto a lonxevidade. Alí cumpriu este luns 103 anos Estrella Almeida. 

Traballar no campo, cultivar o que comía, e facelo todo con humor e en comunidade son os segredos que a levaron a superar os tres díxitos. 

Segue facendo exercicio a diario e aínda lembra moitas das cantigas que a acompañaron ao longo da súa vida. Celebrou o seu aniversario cos compañeiros da Residencia San Carlos de Celanova, o seu fogar dende 2018.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar