Publicador de contidos
Publicador de contidos

Promoven o consumo de plantas silvestres con talleres e demostracións

Promoven o consumo de plantas silvestres con talleres e demostracións

Unha parella estranxeira imparte desde Celanova talleres de plantas silvestres

Tamén fan demostracións de cociña para explicar como se preparan

Teñen catalogadas máis de medio cento de variedades comestibles

G24.gal 14/06/2024 20:58 Última actualización 14/06/2024 21:11

Daniela e Denis, nacidos en Portugal e Francia respectivamente, escolleron este Outeiro intermedio, en Celanova, para apostaren pola súa filosofía de vida: o aproveitamento do que a natureza nos brinda.

Daniela Valente, Sabores Espontáneos: "Pode axudar a vivir dun xeito máis sustentable, porque son plantas que xa están aquí".

O seu proxecto Sabores Espontáneos, baséase de momento en impartiren talleres para dar a coñecer as propiedades das plantas silvestres. Recóllenas na natureza pero tamén as cultivan na súa horta.

Denis Bertet, Sabores Espontáneos: "Depende moito da época do ano. Neste momento estamos usando bastante o sabugueiro. Hai moitas que se poden tomar crúas, en ensalada. Tamén cociñadas, en tortilla, en quiche...".

Só en Celanova teñen catalogadas máis de medio cento de plantas silvestres comestibles. Algunhas tan comúns e descoñecidas como a avea silvestre.

"Déixase secar e despois recóllese só a semente, que está dentro da vaina", explica Denis.

Para ilustrar as súas ensinanzas, fan demostracións de cociña. Elaboran desde marmeladas, coma esta de branca ursina, a champaña de sabugueiro.

"E ademais, son sabores que moitos non coñecemos. Sentímonos como nenos, descubrindo todo ese mundo", conclúe Daniela.

No futuro, aspiran a comercializaren os seus propios produtos para demostrar que outra forma de consumo é posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade